jueves, 9 de abril de 2015

¡Renovamos la actividad!

¡¡¡ATENCIÓN A TODOS LOS ORFEONISTAS!!!
CONVOCATORIA DE ASAMBLEA EXTRAORDINARIA DO
ORFEÓN TERRA A NOSA
Estimados compañeiros e amigos:
Con este escrito queremos convocar a todos os compoñentes actuales do Orfeón Terra a Nosa, ós ex-orfeonistas interesados e amigos do Orfeón, a unha xuntanza a celebrar o día 11 de abril as oito do serán no novo local da Colexiata de Sar.
Os responsables desta convocatoria estamos intentando xestionar unha organización nova para o Orfeón e precisamos que todos coñezades o que pretendemos e que tamén estedes dispostos a proporcionar o voso apoio ás iniciativas que queremos emprender.
Trataranse os asuntos que sinalamos deseguido.
1.- Situación actual do coro e plans de organización e desenvolvemento
2.- Conformidade para a solicitude de creación dunha Fundación co nome de Orfeón Terra a Nosa
3.- Aprobación da candidatura funcional da Asociación “Orfeón Terra a Nosa”
4.- Habilitar á nova directiva para actualizar os estatutos nos aspectos legais que están obsoletos debido ó cambio de normativa que se produciu a principios de século.
5.- Rogo e preguntas
Comisión Xestora do Orfeón Terra a Nosa
Esperámosvos o Sábado 11 ás 20h na Colexiata do Sar, nas dependencias da Antiga Escola do Sar, pegada á entrada da Igrexa.

No hay comentarios: